Representantes dunha vintena de empresas galegas dos sectores audiovisual e editorial participaron este mércores no programa Firma e Filme, que está a desenvolver a súa terceira edición na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo volve organizar esta iniciativa en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a Asociación Galega de Editoras (AGE) co fin de promover a posta en marcha de novos proxectos de adaptación cinematográfica ou televisiva de obras literarias galegas.