Firmada a acta de replanteo para mellorar a contorna do santuario da Barca, en Muxía

1 minutes read
  • A intervención tamén contempla a rehabilitación da Fonte da Pel

O Santuario da Virxe da Barca de Muxía contará cun vangardista sistema de sinalización e iluminación para que «as persoas que visiten este histórico enclave poidan gozar dunha experiencia única», destacou o alcalde, Iago Toba, tras asinar este venres a acta de replanteo coa empresa constructora. No acto tamén participou o concelleiro de Obras, Javier Romar.

Esta obra de mellora, que se iniciará a vindeira semana, contempla a iluminación exterior do propio santuario, así como a iluminación do camiño da Pel cun innovador sistema de luz indirecta. Tamén se instalarán de forma panelizada elementos ornamentais que aportarán unha mellor estética.

Reconstrución da Fonte da Pel
Estas obras de mellora na contorna do santuario tamén inclúen a rehabilitación da histórica Fonte da Pel, ademais dunha serie de sendas que percorreron o seu espazo.