Firmados os convenios do Plan de Transporte Metropolitano da Coruña

Foto.- Cedida.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presidiu a firma dos convenios de transporte metropolitano cos alcaldes que integran este plan na delegación da Xunta e desprazouse ata o Concello da Coruña para recoller a sinatura da súa rexedora, Inés Rey. Este plan está integrado pola Xunta e os concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Culleredo, Curtis, A Laracha, Miño, Oleiros, Ordes, Oza-Cesuras e Sada.

O Goberno galego achegará anualmente máis de 3,8 millóns de euros para financiar os descontos nos billetes, os transbordos e as bonificacións adicionais aos usuarios recorrentes e membros de familias numerosas.

Entre os 17 concellos integrantes desta Área de transporte, que xa referendaron oficialmente este novo convenio, achegarán case 1,2 millóns de euros ao ano.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha