Fisterra | A caída de cascotes dunha fachada obriga á intervención dos bombeiros

0 minutes read

Bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Cee, requeridos por 112 Galicia, tiveron que actuar por mor dun desprendemento de cascotes nun edificio da Avenida Finisterre na parroquia de Sardiñeiro, Concello de Fisterra .
O operativo consistiu na retirada dos mesmos da fachada do edificio, e a comprobación das demais pezas para asegurarse de que non se desprendían mais, logo de balizar a zona en colaboracion con Protección Civil de Fisterra. Afortunadamente ninguén se viu afectado polos desprendementos dun incidente no que tamén colaborou a Garda Civil.