Fisterra e A Laracha acollerán os concertos de Espazos Sonoros da Deputación da Coruña

Fisterra e A Laracha están entre as vilas escollidas para acoller este ano os concertos de Espazos Sonoros, que se desenvolverán entre o 2 e o 24 de setembro en espazos singulares da arquitectura relixiosa da provincia coma a igrexa de San Pedro de Soandres (A Laracha), ou a lonxa de Fisterra. «Espazos Sonoros non vai só de música clásica. Fala do noso país, da nosa cultura, de moitas cousas que axudan a crear territorio», explicou o deputado de Patrimonio, Xose Lois Penas Corral, que sinalou que a actividade axuda a descubrir ou valorizar «espazos patrimoniais que ás veces temos esquecidos». O elenco de artistas inclúe a grupos e solistas consolidados do país con formacións internacionais coma Ugía Pedreira, Hulegas Ensemble, o Grupo Instrumental Siglo XXI ou Almalé. A cita na Lonxa de Fisterra será o 2 de setembro e en San Pedro de Soandres o 23 de setembro.

A entrada aos concertos é libre ata completar o aforo, mais é necesaria a inscrición previa para as actividades, visitas e roteiros previos aos concertos, que pode formalizarse na web http://espazossonoros.org/

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha