Fisterra prepárase para celebrar o seu Entroido, o máis tradicional da Costa da Morte

Cartel-entroido-Fisterra-2020

  • O martes 25 de febreiro terá lugar no pavillón municipal o “Tradicional concurso de comparsas”

O concello de Fisterra agarda con ansia e ilusión polo seu máis que recoñecido entroido, catalogado por moitos como “o máis tradicional da Costa da Morte”.

Dende o venres 21 de febreiro e ata o martes 25, os máis curiosos e afeccionados poderán gozar de desfiles, de música e de moita retranca, xa que o martes de Entroido a partir das 18:00 horas terá lugar no pavillón municipal o “Tradicional concurso de comparsas”.

As tres mellores optarán a premios de 1400, 1100 e 800 euros.