Fisterra repite protagonismo no calendario de Correos

1 minutes read

Correos estrea 2024 promocionando o Camiño de Santiago e Fisterra co seu calendario xacobeo distribuído a países de todo o mundo. Nel aparece unha fotografía da emblemática mouteira que marca o quilómetro cero nun día de brétema.
Esta instantánea, tomada por Manuel Mariño, acaba de viaxar a máis de 4.000 destinos nos calendarios que Correos enviou a Asociacións nacionais e internacionais do Camiño de Santiago, a aloxamentos do Camiño e a institucións Xacobeas.
Ao longo deste 2024, Correos seguirá ofrecendo aos peregrinos e peregrinas os seus servizos, como o transporte de mochilas etapa a etapa no Camiño de Santiago. Todos os servizos poden consultarse na páxina web www.elcaminoconcorreos.com