Fisterra | Sandra Vilela informou a AFAFES das novas axudas sociais da Xunta

1 minutes read

A deputada autonómica do Partido Popular, Sandra Vilela, mantivo unha reunión cos representantes da asociación AFAFES (Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer de Fisterra e Soneira), na que a popular aproveitou para trasladar as novas axudas sociais que a Xunta de Galicia incluirá no orzamento que entrará en vigor a partir de xaneiro.

En concreto Vilela resaltou a posta en marcha do  bono universal de 5.000 euros para persoas dependentes que reciben coidados no seu fogar, e o complemento de 1.200 euros anuais para que todos os dependentes teñan a súa disposición un bono para acudir ao centro residencial da súa preferencia.

Abordou tamén a posibilidade de incluír equipos de psicólogos nos centros de saúde de Galicia para, desta maneira mellorar a saúde mental de todos os galegos.

Vilela quixo tamén destacar a labor “fundamental” que desempeña esta asociación que leva máis de seis anos traballando na prevención, a formación e a divulgación para dar a coñecer estas patoloxías, ademais de brindar atención e apoio aos enfermos e os seus coidadores.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?