Fisterra tampouco se salva do lume

0 minutes read

Varias brigadas traballaron sin cesar ao longo desta mañán de venres nas parroquias de Duio, Mallas e Sardiñeiro, para tratar de frear un incendio que segundo as primeiras estimacións afecta a unhas 120 hectáreas. Non foi necesario evacuar as vivendas, pero vivíronse momentos de tensión pola proximidade do lume ás casas. Dous avións e un helicóptero colaboraron tamén na extinción contra reloxo, para frear o avance das lapas.