Fitur celebrarase a finais de maio

Fitur 2020_Arquivo.

Fitur, a Feira Internacional de Turismo más importante de España, celebrarase a finais do mes de maio. Así o confirmou Reyes Maroto, ministra de Turismo, incidindo en que o obxectivo será impulsar con forza un sector afogado. Unha cita que pode ser o punto de inflexión necesario para salvar a campaña de verán, sempre que a situación sanitaria o permita. Maroto resaltou ademais que “sen turismo non haberá recuperación ou será máis lenta”, polo que apostou por un turismo “de calidade e seguro” e animou e apoiou ao sector, que “o está pasando moi mal”.