Fitur celebrarase a finais de maio

0 minutes read

Fitur, a Feira Internacional de Turismo más importante de España, celebrarase a finais do mes de maio. Así o confirmou Reyes Maroto, ministra de Turismo, incidindo en que o obxectivo será impulsar con forza un sector afogado. Unha cita que pode ser o punto de inflexión necesario para salvar a campaña de verán, sempre que a situación sanitaria o permita. Maroto resaltou ademais que «sen turismo non haberá recuperación ou será máis lenta», polo que apostou por un turismo «de calidade e seguro» e animou e apoiou ao sector, que «o está pasando moi mal».