- Este xoves o posto de TURESPAÑA acollerá as presentacións de Muxía, Vimianzo e Camariñas
Este mércores arrincou a 42ª edición de FITUR, a Feira Internacional do Turismo máis importante do noso país e unha das máis recoñecidas a nivel mundial. Ata o IFEMA MADRID achegaranse os rexedores de Muxía, Vimianzo e Camariñas para representar parte da Costa da Morte.
Muxía, un municipio de sensasións será a campaña coa que o Concello levará a súa cultura, tradicións e as características da súa fala a FITUR 2022. Esta novidosa iniciativa centrarase nun código QR, a través do cal o público poderá escoitar diversos sons que evocan o sentir do municipio como o latexo producido desde fai moitos anos pola Pedra de Abalar cando os romeiros a abalaban, os sons da danza de espadas típica de Quintáns ou a emoción do berro ‘Viva a Virxe da Barca’ durante o domingo da romería, entre outros. A presentación de Muxía, ao igual que a Vimianzo ou Camariñas, será este xoves, partir das 15:00 horas, no posto de TURESPAÑA.
No caso de Vimianzo, o goberno local presentará a campaña Vimianzo a pé. A pé de ti. Ao evento, que será retransmitido polo Facebook municipal, acudirán a rexedora, Mónica Rodríguez; o tenente de alcaldesa, Víctor Muíño e a concelleira de Benestar Social, María José Pose.
Tamén estará presente Sandra Ínsua, a alcaldesa de Camariñas, para facer público o vídeo promocional da edición número 31 da Mostra do Encaixe.