Fixados os novos canles de TDT afectados polo 5G na Costa da Morte

  • Información confusa en diferentes medios de comunicación disparou as consultas ante a autoridade competente en materia de telecomunicacións

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o pasado 25 de Xuño un real decreto mediante o cal quedaron fixados e aprobados os novos canles de Televisión Dixital Terreste (TDT) afectados polo segundo dividendo dixital, consistente na liberación da banda de 700 Megahercios ( Mhz), que será utilizada para a implantación das frecuencias de traballo da nova telefonía móbil e sistemas de comunicacións con tecnoloxía 5G. Entre as demarcacións afectadas polos cambios hai varias en Galicia e dúas na Costa da Morte (Carballo e Vimianzo). En principio, os operadores de rede terán uns 5 meses para a adaptación das cabeceiras transmisoras para o reaxuste dos transmisores e filtros. Unha vez reaxustados os transmisores das cabeceiras, os usuarios de instalacións con antenas individuais xa poderán resintonizar os seus televisores para que lles aparezan as novas canles, nos receptores máis modernos, mesmo poderían aparecer automaticamente sen resintonizar. Un pouco máis complicado terano as instalacións de antenas colectivas con sistemas de recepción modular con canles fixas. Neste caso deberán contactar cun antenista ou especialista autorizado que lles substitúa ou reaxuste o módulo da canle antiga da súa antena colectiva, polo da nova canle fixada.

Na Costa da Morte os cambios deben ser os seguintes

Desde A Laracha ata Vimianzo vaise substituír a canle de emisión 52 pola canle 37 Uhf. TL01C.

Desde Vimianzo ata Fisterra vaise substituír a canle de emisión 51 pola canle 43. TL06C.

Cabe lembrar que por un mesmo canle pódense sintonizar multiplexados (mesturados) varios programas de radio e televisión ao mesmo tempo. Quedan exentos de momento na Coruña os cambios en múltiples nacionais e autonómicos.