38
O Real Madrid convocou eleccións á presidencia do club. “O Presidente, oída a Xunta Directiva celebrada este xoves, e de conformidade co artigo 38 apartado b dos estatutos sociais do Real Madrid C. F., solicitou á Xunta Electoral o inicio do procedemento de convocatoria de eleccións a Presidente e Xunta Directiva”, explica o comunicado oficial do Real Madrid. Florentino Pérez tiña que convocar eleccións este ano e fíxoo. O actual presidente do club vai presentarse á reelección e esta vez poida que teña rivais. Enrique Riquelme xa deslizou que lle gustaría ser presidente do Real Madrid e Vicente Boluda, que xa foi presidente do club branco, está a pensar presentarse.