Floristería Lolita, gañadora do ‘Concurso de Escaparates de Nadal’ de Malpica

1 minutes read
  • Desde o goberno local destacan que esta iniciativa serviu para dinamizar a vila nunhas datas moi sinaladas.

O ‘Concurso de Escaparates de Nadal’ do Concello de Malpica xa ten premiados. Nesta nova edición a Floristería Lolita conseguiu o primeiro posto, dotado con 300 euros, mentres que Ana Ures Peluquería quedou en segunda posición e con 200 euros. Flores Mayca, Peluquería Espellos, Frutería Sandra e Alfarería Lista foron outras das empresas participantes conseguindo 100 euros cada unha.

O consistorio, a través das concellarías de Turismo e Promoción Económica, agradeceu a participación de todos os premiados sinalando que coas súas creacións «axudaron a dinamizar a vila nunhas datas tan sinaladas».