Fogos de artificio e un espectáculo de lume para inaugurar o Nadal en Muxía

Cedida

  • Será a partir das 19:30 horas e haberá churros con chocolate. Tamén se presentará a programación completa do Nadal

Os veciños de Muxía preguntábanse nas últimas semanas porqué as rúas da vila e das aldeas da localidade se atopaban sen alumeado de Nadal cando a maioría dos concellos da Costa da Morte acenderan os seus a principios deste mes. A pesar de non contar cunha resposta clara, desde o executivo local anunciaron que a proposta deste ano será unha realidade este sábado.

Ás 19:00 horas prenderanse o árbol de Nadal da vila por todo o alto, con fogos de artificio, degustación gratuíta de churros con chocolate e tamén un gran espectáculo de lume. Ademais, os membros do goberno local aproveitarán a ocasión para presentar a programación completa destas festividades.

«Este ano apostamos por facer algo diferente e de que estamos seguros que vai gustar moito a toda a veciñanza», avanzou o rexedor, Iago Toba, quen tamén destacou que este ano se lle prestou máis atención á «eficiencia e o aforro enerxético».