Folga indefinida das traballadoras da escola infantil Galiña Azul en Camariñas

Escola da Galiña Azul en Camariñas_GOOGLE MAPS

  • Consideran que a Xunta está desmantelando o seu equipo profesional “no peor momento”

As traballadoras da Escola Infantil ‘A Galiña Azul’ de Camariñas iniciarán este xoves unha folga indefinida para loitar contra o “desmantelamento do equipo profesional” por parte da Xunta de Galicia.

Mañá a folga durará toda a xornada, aínda que durante os vindeiros xoves realizarán varios paróns desde as 08:00 ás 11:00 horas. Consideran que a situación actual da pandemia non é o mellor momento para fomentar o desemprego e piden unha solución.