Folga indefinida en Alcoa


Os traballadores de Alcoa iniciaron o último pulso á multinacional cunha folga indefinida. Atrás quedan semanas de mobilizacións e manifestacións, mesmo de cortes de estradas. Os traballadores din que tentan evitar un suicidio colectivo, xa que está pendente o posible despido de 534 empregados da planta de aluminio primario de San Cibrao. A folga afecta a uns mil cen empregados, máis de cincocentos da planta de aluminio e outros tantos da de alúmina. Os operarios pretenden que non saia produto elaborado da fábrica, pero ao mesmo tempo evitarán que paren as cubas de eloctrólise, xa que iso podería significar na práctica a fin da empresa.