Folga no ensino infantil pola mellora dos salarios e do convenio colectivo

1 minutes read

O outono comeza con conflitividade laboral tamén no ensino infantil. CIG-Ensino, CCOO Ensino e SNEP convocan catro xornadas de folga nas 200 escolas infantís privadas e de xestión indirectas existentes en Galicia, unha convocatoria que afecta a máis de dúas mil traballadoras e traballadores. As catro xornadas de paros -19 e 25 de outubro e 8 e 15 de novembro- acompáñanse de mobilizacións nas rúas e xa este xoves xa se convocaron senllas manifestacións en Vigo e A Coruña.

Seguimento «masivo» da primeira xornada de folga das traballadoras e traballadores das escolas infantís privadas ou de xestión indirecta –na etapa de 0 a 3 anos– para reclamar un convenio «digno» e uns salarios «xustos». A CIG confirma que de non producirse avances significativos a folga continuará o día 25 e os días 8 e 15 de novembro. A Coruña e Vigo acolleron concentracións de traballadoras para denunciar o «bloqueo patronal á negociación» dun convenio no que as táboas xa quedaron por debaixo do Salario Mínimo Interprofesional.

Os sindicatos convocantes reclaman melloras no convenio colectivo estatal e demandan incrementos salariais ao tempo que denuncian «inmobilismo das patronais» na negociación do XIII Convenio Colectivo de centros de educación infantil, que si foi asinado polas centrais UGT, USO e FSIE, sindicatos aos que acusan de «deixar tiradas as traballadores dun dos sectores máis precarizados do noso país, que apenas cobran o salario mínimo».