32
Tarde espectacular a vivida este sábado de Nadal en Malpica coa primeira Foliada de Cantos de Nadal, na que participaron as tres asociacións culturais da localidade e moita xente que se uniu máis tarde. Todos desfrutaron do momento baixo a carpa instalada na rúa Eduardo Vila Fano para as actividades do Nadal.
Organizou a velada a Concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, en colaboración coas entidades ACD Carcaxía, AC Raigañas e AC Malante.
Foron moitas as panxoliñas e pezas de música tradicionais que se interpretaron no centro da vila por cantadores de todas as idades, e houbo unha decoración especial e unha carpa posta para a ocasión, aínda que máis tarde a festa estendeuse polos bares do pobo.