Formadas máis de 2.400 persoas en seguridade laboral no primeiro semestre de 2022

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), facilitou a formación de máis de 2.400 persoas durante o primeiro semestre do ano. O programa desenvolvido polo Goberno galego a través de 33 accións tiña como obxectivo atender ás demandas e necesidades neste eido, así como dar resposta ás novidades técnicas e normativas. 

Así, a Administración galega levou a cabo diversas xornadas enfocadas principalmente na saúde dos traballadores, como a saúde mental, os riscos durante o embarazo e período de lactación ou relacionada coas posibilidades tecnolóxicas (smartphone e teletraballo). Estas actividades en materia de seguridade e saúde laboral organizáronse en formato webinar, polo que asistiron máis de mil persoas de toda Galicia nun total de sete xornadas diferentes. Entre elas destacaron a xornada dedicada ás inspeccións de traballo sobre os riscos psicosociais con 366 participantes e o webinar sobre saúde e teletraballo con 238 asistentes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha