Formalizada a acta de replanteo da ampliación na rúa Gándara de Osa, en Vimianzo

Cedida

  • Este proxecto, co que se actuará entre a estrada AC-552 e o cruce a Sansobre, contará cun investimento de máis de 200.000 euros

O Concello de Vimianzo investirá máis de 200.000 euros no proxecto de mellora e ampliación da rúa Gándara de Osa. A alcaldesa, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez; a dirección técnica e a empresa adxudicataria acudiron ata o lugar para formalizar a acta de replanteo dun proxecto que xa comeza.

Actuarase entre a estrada AC-552 e o cruce a Sansobre, e entre as intervencións atópase o ensanchamento dun novo firme para conseguir dous carrís de circulación con zona de aparcamento e beiravía peonil nunha das marxes. Tamén se procederá ás instalacións de evacuacións de pluviais e unha nova rede de alumeado público.

Desde o grupo de goberno recalcan a “relevancia destes traballos, que servirán para mellorar as conexións dos núcleos de Vimianzo».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha