Formalizada a cesión da antiga caseta de Legoeiros, en Ribadeo

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e o presidente da asociación, José Antonio González, asinaron a acta de entrega e recepción do inmoble da antiga caseta de legoeiros localizada no lugar de Remourelle, parroquia da Arante, no concello de Ribadeo, en réxime de cesión de uso á devandita sociedade. Este inmoble, que en décadas pasadas era empregado polas persoas encargadas do coidado e mantemento das estradas e camiños públicos, está situado na marxe da estrada LU-113. Hoxe atópase en desuso, polo que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda —tras recibir a solicitude por parte da entidade— considerou positivo artellar esta colaboración, que se pecha coa cesión da edificación por un período de 30 anos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha