O alcalde, José Manuel López Varela, e o representante da empresa Construcciones SYR-AMG formalizaron o contrato para a execución do proxecto de creación dunha nova pista polideportiva descuberta xunto ao IES Agra de Leborís.
Terá unhas dimensións de 42×25 metros máis dous metros de seguridade sobre os que se marcarán lonxitudinalmente unha pista de fútbol sala de medidas regulamentarias e, transversalmente, dúas pistas de baloncesto. Contará con iluminación con báculos e un valado perimetral de malla.
Esta nova infraestrutura crearase a carón da outra pista polideportiva descuberta de recente creación, sendo ambas complementarias entre si ao presentar unhas características distintas e estar equipadas para adaptar o seu uso aos diferentes grupos de idade.
Tras o trámite da formalización do contrato, as obras comezarán nos próximos días. O proxecto está valorado en 98.000 euros.