17
- A actuación, que se iniciará nos próximos días, está valorada en 64.000 euros
O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e Dámaso Ferreiro, responsable da empresa construtora, formalizaron este xoves o contrato de execución do proxecto de mellora da rede viaria en seis parroquias do termo municipal. As intervencións están valoradas en 64.000 euros.
As actuacións comezarán a executarse nos próximos días e afectarán en total a once núcleos de poboación, contemplándose a limpeza das cunetas e a mellora da capa de rodadura e a sinalización en estradas dos lugares de Cabovilaño (Nogán, As Ribas, A Teixoeira e Cardois), Coiro (O Pereiro), Lendo (Lista e Os Abelares), Soandres (O Campo Medado), Montemaior (A Ribeiriña e A Cerdeira) e Vilaño (Vilaño Vello).