Formalizado o Parque Arqueolóxico da Idade de Ferro

1 minutes read

Trátase dunha iniciativa dos concellos de Porto do Son, Boiro, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Rianxo, coa colaboración da Deputación da Coruña.

O patrimonio arqueolóxico, a posta en valor de recursos históricos, a promoción do turismo cultural e de calidade e cooperación institucional son algúns dos eixos do convenio de colaboración co que se materializa a constitución do Parque Arqueolóxico da Idade de Ferro, un acto no que participaron o presidente e vicepresidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e Xosé Regueira, co que se dá un paso definitivo para o impulso dunha iniciativa de especial interese patrimonial, cultural e turístico do territorio da Arousa Norte e a Barbanza.

O Castro de Isorna, en Rianxo; os de Neixón e de Achadizo, en Boiro; o de Croa de Postmarcos, na Pobra do Caramiñal, e o Castro da Cidá, en Ribeira, son algúns dos recursos dun proxecto que terá identidade propia coa posta en valor do patrimonio vinculado á Idade de Ferro. O proxecto desenvolverá, entre outras, accións de protección e sinalización de recursos, deseño e realización de rutas ademais de implemantación de novas ferramentas para a súa difusión.