Formoso | “A recuperación da memoria democrática debe ser fundamental” nos usos de Meirás

Así o manifestou, Valentín González Formoso, ao remate da reunión convocada este mércores na Delegación do Goberno en Galicia a instancias da vicepresidenta primeira do Goberno de España, Carmen Calvo , na que participaron tamén o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o alcalde de Sada, Benito Portela.

«A devolución do Pazo ao patrimonio público non sería posible sen o compromiso do actual Goberno de España», afirmou o presidente da Deputación da Coruña, que lembrou que o anterior Goberno por medio de Soraya Saéz de Santarmaría tivo «unha denegación expesa» á petición por escrito formulada desde a Deputación para iniciar os trámites de cara á recuperación do inmoble para o patrimonio público.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha