Formoso anima aos autónomos a optar ás axudas da Deputación da Coruña

2 minutes read

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, xunto coa deputada de Industria, Emprego e Política Demográfica, Rosa Ana García; e persoal técnico Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación, reuniuse cos presidentes/as e vicepresidentes/as da Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA), da Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE), da Asociación Coruñesa de Transportes Discrecionais e Especiais (ACOTRADES) e da Federación Galega de Transporte de Mercadorías (FEGATRAMER).

Formoso destacou que o sector dos autónomos “é clave para a economía galega, xa que xera o 20% do total de empregos, pese ao cal o número de profesionais autónomos non deixa de baixar en Galicia nos últimos anos”. “Perdemos 12.000 autónomos desde 2016”, afirmou Formoso, “uns datos que evidencian a necesidade de accións que axuden a reverter esa situación apoiándoos no desenvolvemento dos seus negocios, xa que constitúen un dos motores do emprego na nosa comunidade”.

O presidente informou ás asociacións de autónomos que ata o 22 de febreiro está aberto o prazo de solicitude das diferentes liñas de axudas do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña, cun orzamento total de 8,2 millóns de euros destinados a apoiar a contratación de persoal, o financiamento de novos investimentos que melloren a competitividade dos pequenos negocios e a sufragar os custos das cotas á Seguridade Social dos profesionais autónomos con axudas que poden alcanzar os 45.900 euros.

As persoas autónomas poden solicitar unha axuda de ata 2.400 euros para sufragar un ano de cotas á Seguridade Social, é dicir, 200 euros por cada mes de cota subvencionable, pero poden optar tamén a outras liñas do PEL.

O presidente sinalou que as axudas específicas para autónomos son, desde a súa creación, a liña con maior número de solicitudes das axudas do Plan de Emprego da Deputación.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?