Formoso apoia a candidatura do Carballo de Conxo para converterse na Árbore Europea do 2022

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, realizou unha visita institucional ao Concello de Santiago de Compostela que aproveitou para achegarse ata o Carballo do Bosque do Banquete de Conxo e manifestar alí o seu apoio á candidatura deste exemplar para converterse na Árbore Europea do 2022.

O presidente provincial, que visitou o carballo acompañado do alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, e dos deputados Antonio Leira e Mila Castro, explicou que «desde a Deputación queremos aportar o noso pequeno grao de area para que o proxecto de Mellor Árbore sexa unha realidade».

O Carballo do Bosque do Banquete de Conxo conta con máis de 250 anos de historia e, tras proclamarse como mellor árbore de España, competirá do 1 ao 28 de febreiro con outros 15 exemplares de diferentes países europeos na última fase do certame Árbore Europea do Ano, un concurso organizado por Bosques sen Fronteiras coa colaboración do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, FSC España e a Fundación Feuvert.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha