Formoso apoiou na Coruña a manifestación convocada polos traballadores da sanidade pública


O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso apoiou a manifestación convocada na Coruña polos traballadores da sanidade pública baixo o lema “Sen persoal non hai sanidade”. Formoso, reclamoulle á Xunta que tome “con urxencia” medidas para mellorar o sistema sanitario galego, logo de que a pandemia constatara a situación crítica na que o ten deixado 12 anos de recortes polo goberno de Feijóo. O responsable socialista sinalou a difícil situación da Atención Primaria, tensionada ata o punto de que “asistimos a un verdadeiro caos no que milleiros de familias ao completo están combatendo co virus en soidade agardando por unha chamada que nunca chega”. Apelou ao colapso da liña telefónica covid que “non atende aos usuarios debidamente”, esixiu a reincorporación dos 500 profesionais sanitarios de reforzo, dixo, ‘despedidos polo goberno de Feijóo en plena pandemia’.