Formoso aposta por poñer en valor o monte galego e darlle alternativa ao rural

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, visitou a planta de produción de Xilonor, no municipio coruñés de Coirós, onde sinalou “a necesidade de Galicia de apostar polo sector forestal”. Incidiu na importancia que teñen proxectos como este para impulsar a actividade económica no rural galego, evitar o despoboamento e a propagación dos incendios forestais. Formoso referiuse ao sector forestal como “unha aposta de país”, remarcando a posición estratéxica do mesmo. A aposta na que incidiu o líder dos socialistas galegos leva consigo un coidado e ordenación dos montes que se traduce en “menos incendios” e na “posta en valor do rural”, así como na creación e transferencia de tecnoloxía e coñecemento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha