Formoso asegura que con Besteiro ábrese a oportunidade de cambio político en Galicia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, sinalou que a candidatura de Besteiro á presidencia da Xunta abre a posibilidade de cambio en Galicia. O responsable socialista desmentiu a existencia de conversas con Sumar para unha candidatura conxunta co PSdeG. Formoso considerou “normal” a existencia de “este tipo de especulacións” que afectan a dous partidos cunha coalición de progreso que “funciona eficientemente no Estado” e logo de que a candidatura de Besteiro abrira a posibilidade dun novo ciclo de goberno socialista en Galicia. Sinalou que “tocamos cos dedos un fin de ciclo do PP en Galicia” logo de que os gobernos de Rueda e Feijóo nos levaran a rexistrar “os peores indicadores socioeconómicos e demográficos do Estado”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha