Formoso asume a secretaría xeral do PSdeG co reto de “levalo á presidencia da Xunta”


O novo secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, clausurou o 14 Congreso dos socialistas galegos co compromiso de que o PSdeG “volva estar á fronte do goberno de Galicia”. O responsable socialista interveu xunto co secretario xeral do PSOE e presidente do goberno, Pedro Sánchez, no certame que rematou este mércores en Santiago de Compostela.

O novo líder dos socialistas galegos asumiu o cargo coa “altísima responsabilidade de volver situar ao PSdeG no lugar que merece, que é á fronte do Goberno da Xunta de Galicia”. Lembrou o legado dos ex presidentes socialistas para sinalar que “necesitaríamos mais tempo de Laxe é Touriño, de socialdemocracia”, afirmou Formoso.

Destacou que os grandes avances para os galegos e galegas viñeron de gobernos socialistas no Estado, pero advertiu que “Galicia necesita mais Galicia, mais PSdeG” para superar a falta de ambición tras doce años de PP na Xunta.