Formoso atende as reclamacións históricas dos empresarios de Carballo

O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, alertou este martes do que calificou como «ausencia de acción política da Xunta» a que está a conducir a Galicia cara a “un deserto industrial”.  Así o advertiu antes de manter unha xuntanza cunha representación da asociación de empresarios de Carballo, onde anunciou que os socialistas reclamaranlle á Xunta que nos orzamentos do vindeiro ano inclúa unha partida para retomar o proxecto para construír a circunvalación do polígono.

Tamén expresou o apoio do PSdeG a outras das peticións realizadas polo tecido empresarial como é o aumento de chan industrial. Nesta liña reivindicou unha ampliación do polígono que a Xunta de Galicia, a través de Xestur, dixo, “xa debería estar facendo”.

Incidiu na necesidade de actualizar e dixitalizar o parque empresarial de Carballo nos ámbitos “que demanda hoxe en día a economía produtiva e que son as telecomunicacións”, e demandou a implicación nas melloras de todas as administracións, algo para o que comprometeu o apoio da Deputación da Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha