Formoso chama a poñer toda a enerxía nas municipais para volver a presidir a Xunta

1 minutes read

O secretario xeral do Partido dos Socialistas de Galicia, Valentín González Formoso, convocou ao PSdeG a poñer toda a súa enerxía na preparación das eleccións municipais que terán lugar xusto dentro dun ano para “contribuír a mellorar a vida das persoas dende os concellos”, e facelo ademais nun momento de gran incerteza de cara ao futuro. “Temos que estar na rúa, escoitar aos veciños e actuar sen complexos”, arengou Formoso, que salientou que “non podemos perder nin un minuto” nesta tarefa, pois as eleccións locais van ser tamén a antesala para que un socialista volva a presidir o goberno da Xunta de Galicia. O líder dos socialistas galegos tamén fixo unha referencia a presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Pediulle que, unha vez rematados os prolongados festexos da súa sucesión, se poña a traballar dunha vez nas decisións que hai que tomar para evitar que este país se pare e continúe perdendo dinamismo económico, laboral e social.