Formoso considera “moi desafortunadas” as declaracións do ministro Garzón

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, destaca que a Lei da Cadea Alimentaria permitirá que agricultores e gandeiros “reciban retribucións xustas” e subliña que o novo regulamento “impedirá vender por debaixo do prezo de produción, atendendo unha das demandas históricas do sector”. Tamén recalcou “a calidade da carne galega, recoñecida a nivel nacional e internacional” e considerou “desafortunadas” as declaracións efectuadas ao respecto nos últimos días polo ministro de Consumo, Alberto Garzón.

Formoso, visitou unha explotación gandeira de produción de carne en Guitiriz acompañado polo secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García; a alcaldesa da localidade, Marisol Morandeira, a secretaria de Desenvolvemento rural, Rosa Arcos; a secretaria provincial dos socialistas lucenses, Patricia Otero e o deputado autonómico Martín Seco.

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, agradeceu o compromiso de Formoso co sector e insta a traballar para que “á boa vontade que ten a Lei de Cadea Alimentaria lle poidamos engadir algo imprescindible como é un criterio obxectivo para determinar os custes de produción”, concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha