O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, considera o acordo de goberno entre PP e Vox en Castela e León unha “mala noticia para a democracia española”. En declaracións aos medios dixo que “se esta é a moderación de Feijóo, a imaxe de Galicia queda seriamente danada”.
O líder dos socialistas galegos sinalou que o caso de Castela – A Mancha é “a primeira vez en toda Europa que a ultradereita entra no executivo dun goberno rexional”, logo dun acordo que deixa en mans daquel partido a vicepresidencia, tres consellerías e a presidencia da Cámara autonómica.
Apuntou que o propio presidente do PP Europeo, Donald Tusk, cualificou de “mala noticia” e de “capitulación” a decisión do partido de Feijóo no momento en que este vai asumir a súa dirección logo da «defenestración de Pablo Casado».