34
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, criticou a intervención de Alfonso Rueda na primeira sesión do debate de investidura, que cualificou de “retro” por canto “manda unha mensaxe doutra época”. O responsable socialista valorouno como “autocomplaciente, falto de ilusión e de mensaxe de futuro para Galicia”.
O líder dos socialistas galegos criticou que mentres repite repite como un mantra a “familia, traballo e xuventude”, en realidade fai unha intervención baleira de respostas aos principais problemas de Galicia para afrontar o contexto postpandemia e a crise derivada da guerra de Ucraína. Formoso reivindicou un acordo en materia económica, de sanidade e de protección social aos maiores.