O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, denunciou o “abandono” do rural co desmantelamento de servizos públicos como a sanidade e a educación. Así o dixo antes do acto de conmemoración do Día da Muller Rural, celebrado en Santiago de Compostela, onde reivindicou o modelo de emprendemento protagonizado polas mulleres no rural e chamou a apoiar ás súas iniciativas. Formoso chamou a que a Xunta asuma o rural como “foco de atención” para “reforzar a revolución no eido da ordenación territorial”, garantindo a base territorial para as explotacións agrogandeiras, así como un “mínimo” de rendibilidade pública. Este esforzo debe ir acompañado, dixo, do reforzo dos servizos públicos para crear un “entorno razoable”, garantindo o acceso á atención primaria e ao ensino público.
22