Formoso destaca o parque empresarial de Agrela como ‘motor económico da Coruña’

1 minutes read

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou o papel do parque empresarial de Agrela como «motor económico» da Coruña no acto de conmemoración do 50 aniversario da Asociación de Empresarios de Agrela.

Formoso lembrou que este foi o primeiro polígono industrial de Galicia «e hoxe segue a ser un referente, con más de 500 empresas instaladas, que xeran máis de 20.000 empregos directos».

O presidente incidiu tamén na importancia do asociacionismo empresarial como «o cemento que permite desenvolver un parque empresarial líder como o de Agrela» e lembrou que A Coruña foi pionera neste eido, sementando «o xerme do asociacionismo empresarial galego».

Formoso felicitou á entidade por este medio século de historia e desexoulles «moitos éxitos para o futuro, que serán os éxitos de todos».