Formoso destaca o parque empresarial de Agrela como ‘motor económico da Coruña’

1 minutes read

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou o papel do parque empresarial de Agrela como “motor económico” da Coruña no acto de conmemoración do 50 aniversario da Asociación de Empresarios de Agrela.

Formoso lembrou que este foi o primeiro polígono industrial de Galicia “e hoxe segue a ser un referente, con más de 500 empresas instaladas, que xeran máis de 20.000 empregos directos”.

O presidente incidiu tamén na importancia do asociacionismo empresarial como “o cemento que permite desenvolver un parque empresarial líder como o de Agrela” e lembrou que A Coruña foi pionera neste eido, sementando “o xerme do asociacionismo empresarial galego”.

Formoso felicitou á entidade por este medio século de historia e desexoulles “moitos éxitos para o futuro, que serán os éxitos de todos”.