27
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, mantivo unha xuntanza co Comité de Empresa de Alcoa en San Cibrao para trasladar o apoio do PSdeG aos traballadores do complexo, onde sinalou que a comarca ten que volver producir aluminio primario, unha necesidade estratéxica para Galicia e para todo o país. Formoso, acusou ao presidente da Xunta de “vir a San Cibrao a meter medo a toda unha comarca e poñer en entredito o traballo enorme dos representantes dos traballadores” da planta de aluminio. No encontro tamén estiveron presentes a parlamentaria autonómica Patricia Otero e o secretario de Industria do PSdeG e alcalde de Ferrol, Ángel Mato.