Formoso fará campaña este xoves na Feira de Vimianzo

1 minutes read

Valentín González Formoso, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e membros da candidatura do PSdeG por A Coruña, participarán ás 12:30 da mañá nun reparto electoral na Feira de Vimianzo. Os socialistas buscarán deste xeito seguir conectando co seu electorado na Costa da Morte, onde acadaron un moi bo resultado, pese a perder as alcaldías de Corcubión, Ponteceso e Fisterra, nas pasadas eleccións municipais. Formoso seguirá liderando o seu proxecto a fronte da Deputación da Coruña, onde tamén exercerá como deputada a alcaldesa vimiancesa Mónica Rodríguez, que acadaba unha amplísima maioría absoluta o pasado 28M.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?