Formoso instou á Xunta “a sumarse á ambición do PSOE en defensa da igualdade”


Nun acto conmemorativo polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, demandou ao goberno autonómico “que recupere o nivel de investimentos neste ámbito con fondos propios que había con Emilio Pérez Touriño, porque os orzamentos para loitar contra a violencia de xénero que pon a Xunta enriba da mesa, son os que lle veñen a través do Pacto de Estado que impulsamos os socialistas”.

“O goberno da Xunta, lonxe de promover políticas reais de igualdade, fai das mesmas unha permanente campaña publicitaria. Campañas que logo son denunciadas polas asociacións de mulleres e polo noso partido por non ter unha visión real, por non comprender o que é a igualdade”, aseverou.

“O Partido dos Socialistas de Galicia – PSOE, e eu como secretario xeral, comprométome a que o feminismo sexa un sinal de identidade de esta organización, a que a igualdade estea presente en todo o noso discurso e en todas as esferas organizativas, a que sumemos para avanzar na construción de unha organización na que a loita pola igualdade sexa sinónimo de feminismo”, concluíu Formoso.