Formoso lamenta a ‘imaxe pouco democrática que o PP traslada na substitución do presidente da Xunta’

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, criticou a mala imaxe de Galicia que se lle traslada ao resto de España co procedemento escollido polo Partido Popular para substituír ao presidente da Xunta, “escollido lexitimamente polos galegos e as galegas nas últimas eleccións autonómicas”.

“Catro baróns provinciais do PP sentados nunha mesa camilla e decidindo quen vai ser o que rexe os destinos de galegos e galegas nos próximos dous anos, creo que non é a mellor das imaxes en pleno século XXI”, subliñou o líder socialista.

Formoso remarcou que hai outros procedementos “moito máis democráticos”, onde a propia militancia do PP  teña a capacidade de decidir quen sería o seu representante “nunha institución tan vital para os galegos e as galegas”.