Formoso mantivo un encontro co presidente de Navantia en Madrid

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, constatou de primeira man o interese de Navantia por que a construción das 5 fragatas F-110 nos estaleiros de Ferrol repercutan na xeración de valor engadido na comarca. Formoso mantivo unha xuntanza co presidente de Navantia, Ricardo Domínguez, na que tamén participou o secretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán.

O líder dos socialistas galegos desprazouse ata Madrid para recibir unha explicación polo miúdo da planificación e programación dos traballos previstos para a construción das naves, que darán emprego a en torno a 8.000 persoas nos próximos 12 anos e trasladoulle ao responsable de Navantia a reclamación de que o contrato redunde na creación de valor engadido na comarca de Ferrol, e “que vaia máis alá de cortar chapa, senón que permita facer de Ferrol un polo de referencia das novas tecnoloxías aplicadas a un modelo de industria propio do Século XXI”.

Ademais, sinalou o interese do PSdeG de aproveitar o desenvolvemento do contrato das fragatas para facer realidade a construción dun novo dique para o estaleiro, que permitiría incrementar a eficiencia das instalacións, asegurando carga de traballo para as próximas décadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha