O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, sinalou que a decisión de Feijóo de optar á presidencia do PP nacional, abrindo a vía do seu abandono da Xunta, constitúe un “engano á cidadanía galega”. Sinala que a formalización do anuncio por parte do polo momento presidente da Xunta, “evidencia que Galicia non é prioridade para Feijóo”. O líder dos socialistas galegos sinalou que “hai apenas un ano tivemos un proceso electoral no país no que a prioridade e o lema electoral de Feijóo era Galicia, Galicia, Galicia, e hoxe a realidade é que opta polo Partido Popular, Partido Popular, Partido Popular”. Explicou que a cidadanía “aspira a votar a un presidente para 4 anos, e non para apenas un ano”, o que definiu como “un engano electoral”, e advertiu que “ningunha estratexia electoral de ningún partido debe de prevalecer”. Sen embargo, advertiu, a decisión do PP provoca un “escenario complexo en Galicia no momento no que aflorarán incompatibilidades máis pronto que tarde”.
30