O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso ,participou este xoves nun reparto electoral pola feira de Vimianzo, no que estivo acompañado pola alcaldesa Mónica Rodríguez e membros da candidatura do PSOE ás xerais pola provincia da Coruña. Aproveitou a ocasión para reaccionar ás declaracións do candidato do PP, Núñez Feijóo, quen presidiu Correos baixo o goberno de Aznar entre o 2000 e o 2003, e quen amosou dúbidas sobre a limpeza do voto por correo, que está batendo récords históricos de solicitudes. Formoso asegurou ao respecto que sente “vergoña como galego” de que un expresidente da Xunta como Feijóo cuestione a limpeza do voto por correo de cara ás eleccións do 23 de xullo. “É unha posición moi trumpista”, sentenciou. Entende que intentar falar destes asuntos en vez de cuestións políticas e programáticas delata que “o PP é un proxecto feble”. Formoso chamou a facer unha “reflexión” e “apostar por un PSOE” feito á “imaxe e semellanza” da sociedade española o que significa “respecto ás institucións”, o que entende que “non estamos a ver no candidato do PP”, alegou.
30