Formoso plantexa a creación dunha sede da Deputación da Coruña en Ferrol

1 minutes read

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou no almorzo informativo “Conversas no Parador”, organizado polo Club de Prensa de Ferrol. Na súa comparecencia ofreceu datos do que supuxo a acción da Deputación nos últimos anos tanto na cidade como nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal e trazou algún dos obxectivos do goberno que preside de cara ao vindeiro ano.

Entre eles, Formoso destacou que está establecer unha sede da Deputación en Ferrol, que permita “descentralizar servizos” e achegar á cidadanía todo o que no ámbito social, cultural, deportivo ou de dinamización económica ofrece a institución provincial, facilitando ademais as xestións administrativas, pero tamén nomeou o desenvolvemento do Plan de recuperación das baterías costeiras de Monteventoso en Ferrol, Bailadora en Ares e Campelo en Valdoviño.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?