Formoso propón converter o Inega nunha Axencia pública para proxectos de enerxía estratéxicos

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, propuxo este xoves converter o Inega nunha Axencia pública que poida “promover e participar societariamente en proxectos enerxéticos estratéxicos”. Formoso presentou esta proposta logo dun encontro entre as executivas do PSdeG e de UGT-Galicia, na que participou o secretario xeral do sindicato, José Antonio Gómez.

O responsable socialista anunciou esta proposta “para que Galicia lidere os sectores enerxéticos estratéxicos e garanta o subministro das empresas tractoras”, que lle presentará ao presidente da Xunta no encontro previsto para o próximo luns. Explicou que “o goberno galego debe co liderar eses proxectos xunto co sector privado”, para garantir a viabilidade de empresas como Alcoa, Stellantis ou Megasa, citou.